Skip to main content
Axenda CaducadaCastroverde

Castroverde xa se prepara para o Entroido

Por 12 Xaneiro, 2023Xaneiro 13th, 2023Sin comentarios

O domingo 19 de febreiro Castroverde celebrará o Entroido cunha gran festa que dará comezo ás 17.00 cun pasacalles que irá dende a praza do Concello ata o pavillón municipal.

O pasacalles estará amenizado polo grupo musical Zuncurrundullo e no caso de mal tempo suspenderase o pasacalles e realizaríase o desfile directamente no pavillón.

Para esta celebración o Concello organiza un concurso de disfraces que repartirá 3600 euros en premios e que se celebrará a partir das 17.30 no pavillón municipal.

Poderán participar tanto nenos como adultos e facelo a través de comparsa, parellas ou de xeito individual establecéndose diferentes premios para cada categoría. Valorarase a orixinalidade, a simpatía, o traballo realizado e a posta en escena.

Ademais os concurso conta con premios especiais que só se darán cando o xurado así o considere e soamente terán a posibilidade de obtelos os concursantes que pertenzan ó Concello de Castroverde, sempre e cando non foran agraciados con algún dos premios xerais. O xurado poderá asignarllos a participantes tanto do concurso infantil como do de adultos.

As inscrición para o concurso realizaranse o mesmo día, unha vez finalizado o pasacalles, no pavillón municipal.

Ó finalizar o concurso o grupo Zuncurrundullo realizará unha actuación co espectáculo E ti de quen vés sendo?