Skip to main content
Castroverde

Castroverde pon en marcha un curso de monitor de tempo libre

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Castroverde pon en marcha un curso de monitor de tempo libre co que se poderá optar a traballar este verán no campamento do municipio ou en calquera outro. A proposta desenvolverase no colexio as fins de semana do 31 de maio ao 30 de xuño.

Os interesados poden chamar ao teléfono 641109 716. Trátase dun curso oficial para o que se precisa ser maior de idade e ter o graduado escolar. Conta con 125 horas de formación presencial e outras 75 de formación telemática.