Skip to main content
Lugo

Elena Candia reúnese coa directiva da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo

Por 5 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A candidata a aldaldía polo Partido Popular, Elena Candia, mantivo unha reunión coa directiva da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo onde anunciou que creará unha concellería de maiores e  declarou que “os maiores son un colectivo estratéxico para o futuro da economía de Lugo” e avoga por “dárlle voz ás persoas da terceira idade cuxos coñecementos son moi valiosos para desenvolver programas de dinamización económica ou de humanización da cidade”

Candia afirma que “non podemos permitirnos perder a súa valiosa experiencia, é hora de dárlles o protagonismo que merecen, cun papel activo que non só se limite a accións de envellecemento activo e saúde” e “estamos en débeda con eles, e é a nosa obriga escoitalos e ter en conta as súas opinións, preocupacións e gustos co obxecto de satisfacer, na medida do posible, as súas demandas”

A popular dixo que si é alcaldesa cambiará o funcionamento da administración e a fará “máis accesible e cun trato persoalizado, eliminando a cita previa e potenciando a atención presencial para aquelas persoas que prefiran o contacto directo”. Tamén comprometeuse a “simplificar os documentos municipais como resolucións, comunicacións oficiais e trámites habituais que se fan no concello” xa que  “é prioritario estender a linguaxe sinxela en tramites habituais que expliquen como se pide un certificado de empadroamenteo, unha domiciliación ou como acceder ao SAF …”

A candidata popular tamén compartiu coa Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo a preocupación pola soidade nos maiores e amosou a súa preocupación “porque cada vez son máis os ancianos que fallecen sós no seu domicilio, xa non se trata de casos puntuais” matizaba. Elena Candia tamén é contundente coa neceisdade de eliminar as listas de espera no SAF e “conseguir que se estenda este servizo a máis fogares así como incrementar o número de horas das persoas que xa dispoñen desde servizo”.

A candidata do PP manifestou o seu apoio ás demandas da Asociación de Xubilados e Pensionistas para que “se lle facilite a este colectivo as tramitacións na banca ou na Axencia Tributaria ou no INSS”. Ademáis de respaldar estas peticións relacionadas coa brecha dixital que sufren os maiores, Candia tamén dixo que “apoia as súas peticións en materia de sanidade e amosou a súa sensibilidade con outras cuestións relativas a mellorar da movilidade tanto no transporte público como en diferentes espazos da cidade onde hai marxe de mellora.