Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental denuncia que a cidade ten os aparcadoiros subterráneos máis caros de Galicia

Por 10 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A asociación Lugo Monumental denuncia que os apardoiros subterráneos municipais son os máis caros de Galicia. A través dun un estudo a asociación declara que “a nosa cidade sofre os prezos máis altos dos aparcamentos subterráneos das cidades de Galicia. Hai que lembrar que estes aparcamentos son propiedade do Concello de Lugo, que ten privatizada a súa xestión mediante concesión a unha empresa, cuxos prezos son máis baixos noutras cidades como por exemplo Santiago de Compostela”.

Dende a asociación realizan unha comparativa con estacionamentos subterráneos similares por localización noutras cidades como A Coruña (Os Cantóns), Ourense (Cale Concordia), Pontevedra (Praza de España), Santiago de Compostela (Praza de Galicia) e Vigo (GarcíaBarbón), e declaran que “a nosa cidade é a máis prexudicada en estacionamentos dunha e dúas horas e a segunda en tres horas”.

“O custo en Lugo, de 2,12 euros, para os primeiros 60 minutos é un 14,68 % máis elevado que a segunda cidade, A Coruña, onde é de 1,85 euros esa mesma hora e chega a superar en máis dun 33% o custo da cidade de Pontevedra,
a máis barata da comparativa, en estancias de dúas horas, de novo Lugo é a cidade máis cara de Galicia para aparcar no centro, aínda que a distancia redúcese coa súa inmediata seguidora xa que a segunda hora de aparcamento é máis cara en Coruña que en Lugo” afirman desde Lugo Monumental.

Por último desde a asociación manifestan que “para estancias de tres horas neste caso, o menor custo da terceira hora de aparcamento en Lugo fronte á da maioría das demais cidades xoga a favor do cliente, pero con todo somos a segunda cidade máis cara, a pouca distancia da primeira (22 céntimos, un 4,01%) e seguimos marcando diferenzas con Santiago, que de novo ten a tarifa máis económica de Galicia para unha estancia desta duración, un 22,47% máis
barata que a de Lugo”.

Para a asociación de empresarios esta situación “non axuda ao comercio local, que sofre unha desvantaxe competitiva coas áreas comerciais” “Lugo Monumental sempre estivo a favor da peonalización do centro histórico, pero entendemos que antes de levar a cabo novas accións han de tomarse medidas paliativas das consecuencias negativas que teñen no tráfico. Subir os prezos dos aparcamentos non é precisamente a mellor das maneiras de colaborar co comercio do centro histórico”.

Ante esta realidade Lugo Monumental propón ao Concello diferentes medidas como “conveniar coa empresa concesionaria a gratuidade da primeira media hora de estacionamento, o que sería compensado polo Concello mediante o pago dunha tarifa reducida, reducir ao máximo posible a tarifa de uso dos aparcamentos ou estudar o rescate da concesión, indemnizando á empresa concesionaria e explotando devanditos aparcamentos mediante fórmulas de economía social e
con prezos reducidos que garantan a liberdade de acceso ao centro histórico dos lucenses e visitantes”.