Skip to main content
Sarria

Chegou a neve a Sarria

Por 18 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Esta mañá Sarria amenceu baixo cero dando a benvida ás nevadas que, como informaron a pasada noite os expertos meteorolóxicos, baixaron na comunidade galega ata os 300 metros.

Sarria, que está situada a máis de 500 metros de altitude sobre o nivel do mar, presenciou a primeira nevada do ano despois dun outono seco e caluroso que deu lugar ao esperado inverno que se fai patente hoxe cos copos de neve.

Este tempo, que se manterá toda a semana, vén da man da borrasca Fien, que trae frío, fortes ventos e abundates chuvias.

Onte, ademais, debido ao mal tempo produciuse un desprendemento nunha pista secundaria de Sarria que comunica Vilamaior e a estrada LU-P-5709, preto do Rego de Bacelo.