Skip to main content
Begonte

O Concello de Begonte recibe cunha achega para unha campaña de promoción da compostaxe

Por 7 Xaneiro, 2023Xaneiro 8th, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte solicitou unha axuda para actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal. O obxectivo como beneficiado desta achega é desenvolver unha campaña de compostaxe doméstica, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU- a través da cal se pretenden complementar outras iniciativas desta índole desenvolvidas polo ente municipal.

A campaña destínase a 75 vivendas unifamiliares do Concello de Begonte, pertencentes preferentemente á zona rural, que recibirán de forma totalmente gratuíta os materiais necesarios para a elaboración de compost.

Os interesados poderán inscribirse nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica, ata fin de existencias.