Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Val de Francos adianta o contido do programa do Entroido do día 21

Por 24 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A comisión de festas do Antroido Val de Francos adiantou unha parte do cartel das festas deste de este ano, mentras non se presenta o cartel oficial desta cita ancestral na que participan as parroquias de Ansemar Balmonte e Goberno.

Será como todos os anos no Campo do Carril o martes 21 de febreiro a partir das 17.00 horas, cando os Valuros abran coa súa actuación o programa. Tamén estarán o grupo Eureka da Coruña e a orquestra Saudade de Vigo no apartado musical.

A comisión avanzou que queimarase a Putin nesta sesión na que non faltarán os actos tradicionais do programa como a chegada do Antroido ao Campo de Carril, a lectura do pregón, a queima do Antroido, sesión pirotécnica e sorteo de agasallos.