Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz recolle hoxe as cartas para facer este xoves pola tarde a tradicional Cabalgata

Por 4 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Este xoves, 5 de xaneiro, volve a Guitiriz a tradicional cabalgata dos Reis Magos, organizada polo Concello e a Asociación Xermolos.

As Súas Maxestades comezarán a ruta ás 15.30 horas desde o Campo da Feira de Parga e ás 16.30 entrarán pola Ponteveiga para chegar ata a Casa do Concello, onde os recibirá a alcaldesa, Marisol Morandeira.

Dende aquí trasladaranse ata o Campo da Feira, onde escoitarán as peticións e os desexos dos máis pequenos no iglú do Mercado de Nadal.

A festa estará animada por Bloquinho de Xermolos e a Escola de Música Tradicional de Xermolos, composta polo Grupo Infantil, o Grupo de Gaitas e Baile e os Cantos de Taberna.

AS CARTAS

As carteiras reais percorrerán as rúas de Guitiriz hoxe, mércores día 4, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e pasado, xoves día 5, de 11:00 a 13:00 horas para recoller as cartas aos Reis Magos.

Os pequenos que non cheguen a tempo a entregala en mao poden achegarse ata o Buzón Real situado no Campo da Feira para depositar alí os desexos para este ano.