Skip to main content
Guitiriz

Nova cita o domingo co programa Btteando por Guitiriz

Por 6 Xaneiro, 2023Sin comentarios

BTTeiros Cova da Serpe e o Concello de Guitiriz teñen convocada para este domingo a segunda ruta da quinta edición do programa BTTeando por Guitiriz, unha iniciativa que integra unha serie de rutas en bici abertas para todos os públicos.

Arrancaron o 11 de decembro, e realizan un percorrido ao mes ata o día 14 de maio. En todas se disporá dun itinerario alternativo para os nenos e nenas a partir dos sete anos que queiran participar, os cales deberán ir acompañados por unha persoa adulta.

Nesta ocasión salirase dende Parga para facer un percorrido polo entorno do Muiño da Ruxida. Está espectacular debido as recentes choivas.

Sucesivamente, en febreiro farán a ruta da Pedra do Poeta Díaz Castro nos Vilares, en marzo tocarán as Canteiras de Miraz e en abril o Muíño de Baxoi. Rematarán en maio coa visita á Cova da Serpe.

É obrigatorio o uso de casco e levar unha peza de froita (aconsellable plátano) e auga. Pode haber algún cambio nas datas debido ao mal tempo ou algunha outra causa xustificada, casos nos que se avisaría coa maior antelación posible.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse no concello ou a través do Club Btteiros Cova da Serpe ata o venres antes de cada ruta. Debido á coincidencia de festivos, esta ruta xa ten a inscrición pechada.