Skip to main content
Meira

ACEA Meira fai público o resultado do concurso de escaparates de Nadal

Por 28 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira (ACEA) vén de facer público o resultado do seu concurso de escaparates do comercio meirego durante este nadal.

Foron arredor de 30 escaparates os que se presentaron este ano ao concurso, que se dirimiu coa votación dos internautas nas redes sociais.

O vencedor foi Autoservicio Meira, con 706 votos, ao que seguiu Mesón parrillada, con 252 votos. Na terceira posición quedou Libreía Pedregal (245 votos), só cun voto máis que Floristería Jesma-Lourido, que acadou 244.

Pola súa banda, o gañador do premio por parte do xurado profesional da Federación Galega de Comercio foi para Haydée Floristas.