Skip to main content
Vilalba

Recuperan en Corbelle as clases de baile dos venres e comezan dous talleres novos

Por 8 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A parroquia de Corbelle, en Vilalba, retomará as clases de baile que se viñan celebrando dende setembro todos os venres a partir das 19.00 horas organizada pola asociación veciñal. A primeira clase deste ano será o día 13.

Trátase de hora e media dos bailes más habituais nas festas como a bachata, merengue, salsa, cumbia, etc..

Ademais, este mes darán comezo tamén dous novos talleres, un de bordado e outro de debuxo e pintura. Tamén serán os venres, nesta ocasión de 16.00 a 19.00 horas e se impartirá na casa escola de Corbelle.

A inscrición segue aberta e esta pode facerse cos membros da asociación.