Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Organizan o sábado un acto de lembranza a Manuel Fraga

Por 12 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O PP de Vilalba organiza unha misa en homenaxe ao político vilalbés Manuel Fraga, con motivo do décimo primeiro aniversario do seu falecemento.

A celebración terá lugar o día no que se cumpren once anos do seu falecemento; é dicir, o domingo 15 de xaneiro. Será a partir das 19.30 do serán na igrexa de Santa María de Vilalba.

Os populares vilalbeses quixeron recordar así a un vilalbés recoñecido e considerado “fundador da formación política que foi embrión do actual Partido Popular” e tamén “un dos pais da Constitución Española de 1978”.