Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Vilalba acollerá a representación de ‘Los Pazos de Ulloa’

Por 13 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O auditorio municipal de Vilalba acollerá a representación da adaptación teatral de Los Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán, en versión de Eduardo Galán e dirixida por Helena Pimenta. O elenco está encabezado polos famosos actores Pere Ponce e Marcial Álvarez e forman parte del tamén Ariana Martínez, Francesc Galcerán, Claudia Taboada e David Huertas. Será o sábado 21 deste mes ás 20:00 horas e as entradas xa están á venda na web entradasvilalba.es a un prezo de 15 euros. 

Con motivo do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, Secuencia 3 presentou esta adaptación teatral de Los Pazos de Ulloa, que “se centra no enfrontamento entre o desexo, a paixón e o amor, a violencia rural do mundo caciquil e a cortesía e as boas maneiras da cidade (Santiago de Compostela)”.

O actor protagonista é Pere Ponce, que comezou no teatro en 1982 dirixido por Ventura Pons na obra Tres boleros. A esta obra seguiríalle, entre 1985 e 1986, El despertar de la primavera, posta en escena por Josep María Flotats. Ao concluír as representacións de esta, Pere Ponce incorporouse en 1987 á montaxe de Knack. En 1988 uniuse a Amparo Larrañaga, Toni Cantó e Luis Merlo na xira de Los ochenta son nuestros,  peza de Ana Diosdado. En 1990, ao acabar a obra Restauració, iniciou a súa carreira cinematográfica como actor protagonista. Tamén destaca a súa interpretación na versión de El hombre elefante, polo que logrou o Premio MAX ao mellor actor de reparto e unha candidatura ao Fotogramas de Plata. Entre decembro de 2005 e xuño de 2007 protagonizou con Juan José Otegui, e baixo a dirección de Juan Echanove, a obra Visitando a Mister Green. En 2008 representou por toda España Un dios salvaje, xunto con Aitana Sánchez-Gijón, Maribel Verdú e Antonio Molero. No cine protagonizou títulos tan coñecidos como Amo tu cama rica, Alegre ma non troppo, L’illa de l’holandès, No dejaré que no me quieras, Días de futbol, Atolladero, Animia de cariño, El árbol de las cerezas, El pianista e Pon un hombre en tu vida, entre outras películas. E en televisión resaltan os seus personaxes en series de renome como El Ministerio del Tiempo, Merli, Isabel ou Cuéntame.

En canto a Marcial Álvarez entre os seus últimos traballos en teatro destacan Días de vino y rosas; Los otros Gondra; El curioso incidente del Perro a Medianoche; En la Orilla; Los Gondra, una historia vasca; La voz de nuestros clásicos; Cesar y Cleopatra; Pluto; El cojo de Inishmaan; La dama duende; y Yerma. En cine participou na película Mi dulce, de Jesús Mora, e nas curtametraxes Fase terminal, de Marta Génova, e Post-coitum, con dirección de Antonio Molero. En televisión destacan os seus papeis en series como La Víctima nº8, Los Nuestros, Olmos y Robles, Bajo sospecha, Rabia, Los misterios de Laura e El comisario (papel polo que foi nominado a Mellor Actor Secundario de Televisión nos premios da Unión de Actores).

Ariana Martínez formou parte da cuarta promoción da Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico participando en Fuenteovejuna e La Villana de Getafe. Recentemente traballou en La Comedia de las maravillas, dirixida por Lluís Homar na Compañía Nacional de Teatro Clásico, coa que tamén participou en La Hija del aire, baixo a dirección de Mario Gas; Préstame tus palabras, dirixida por Álex Ruiz-Pastor; e Don Juan Tenorio, dirixido por Blanca Portillo. Ademais Ariana Martínez é a actriz que interpreta a Julieta na popular serie de televisión Amar es para siempre, en Antena 3. Para a mesma cadea participou tamén en Luimelia e Bandolera. Entre os seus outros traballos para televisión e cine salienta a súa participación en El Ministerio del Tiempo (TVE).

A traxectoria de Francesc Galcerán céntrase no teatro e destaca a súa actuación en numerosas obras como Hombres de 40, de Eduardo Galán; Obsession Street, de Diana de Paco; La Fierecilla Domada, de Shakespeare; 11 Miradas, de Tomás Afán; Mala Sangre, de David Plana; El mágico prodigioso, de Calderón de la Barca; La muerte de un viajante, de Arthur Miller; Un cuento para el tío Alonso, de Alicia Merino; L’auca del Senyor Esteve, de Santiago Rusiñol e dirixida por Adolfo Marsillach; Galileo Galilei, de Bertol Bretch e dirixida por Calixto Bieito; ou La luna para el bastardo, de Eugene O’Neill e dirixida por Gerardo Malla.

David Huertas recibiu en 2010 os premios ao mellor actor de curtametraxes no Cinema Jove Film Festival, mellor actor protagonista no Certamen Comunidad de Madrid e no Certamen Buero Vallejo. Desenvolveu a súa traxectoria sobre todo en teatro, participando desde 2010 en montaxes como Tenemos que hablar, de Ignacio Flores de la Lama (en México); A siete pasos del Quijote, de Jaroslaw Bielski; Las estrategias del caos, de Carlota Romero; Un tranvía llamado deseo, de Mar Díez; Pasajes de Don Quijote, de Carmen Losa; ou Tartufo, de Pedro Moraelche, entre outras. Tamén traballou en series de televisión como Cuéntame cómo pasó ou Amar en tiempos revueltos.

Claudia Taboada actuou en obras teatrais como El tiempo de un café, Las neurosis sexuales de nuestros padres, La Ilíada, Eros in love, Ataraxia, Invernes: un cuento sobre Macbeth, Las amargas lágrimas de Petra Von Kant, Romeo y Julieta ou Los justos.