Skip to main content
Vilalba

Unha charla informará en Corbelle sobre as novidades da PAC para o 2023

Por 30 Xaneiro, 2023Febreiro 2nd, 2023Sin comentarios

O vindeiro 2 de febreiro impartirase no na parroquia vilalbesa de Corbelle unha xornada técnica sobre as novidades que se porán en marcha con motivo das axudas da PAC para o ano 2023.

A actividade está dirixida a gandeiros e agricultores e terá lugar na escola de Corbelle a partir das 21.00 horas.

Os encargados da exposición serán membros do Gabinete Técnico Agropecuario Terra Chá SLG. A sesión está organizada polo Monte Comunal Licenias e Toxoso así como a Asociación de Veciños de Corbelle.