Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

O 25 de marzo será o XVII Mercado de Primavera do Valadouro

Por 28 Febreiro, 2023Marzo 1st, 2023Sin comentarios

O sábado 25 de marzo o Concello de Valadouro acollerá, como é tradición, o seu XVII Mercado de Primavera no que ademais das típicas vendas e degustación dos produtos tradicionais.

O mercado celebrarase desde as 10.00 horas e ata as 19.00 horas no aparcadoiro do parque Concepción Arenal, Andrés López, Palmeiro, praza de Santa María, Severino Cociña, avenida de Viveiro, Xistral, José Antonio Ferreiro González, e o aparcadoiro municipal da rúa Xistral.

Dende o Concello comunicaron que as solicitudes de admisión no para participar na adxudicación de postos xa está aberta e farase a través da sede electrónica ou nas oficinas do centro socio-cultural Manuel Lourenzo. O prazo de admisión de solicitudes rematará no intre no que se cubran os postos dispoñibles ou no seu defecto o mércores, 15 de marzo ás 20.00 horas.

Recoméndase que tanto os distintos postos (propios ou facilitados polo Concello) como as persoas encargadas dos mesmos estean caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.

Os homes acudiran ao evento con pantalón de pana, camisa de cadros e chaleque ou camisa lisa e as mulleres farano con saia media longa, escura e blusa con toquilla