Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

A Asociación de Veciños Camiño de Galdo anunciou a data da Feira das Maulas

Por 17 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños Camiño de Galdo reuniuse coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, para anunciar a data de celebración da Feira das Maulas e poñer en valor o simbolismo desta tradición con máis de 300 anos de antigüidade.

As Maulas celébranse sempre o segundo domingo do mes de maio, que neste ano 2023 coincide o día 14.  Nos últimos tres anos, o Concello ven de organizar integramente esta festa coa colaboración da Asociación Camiño do Galdo debido ó aumento dos costes e aos novos requisitos da feira.

As Maulas naceron hai 300 anos como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita. Foi en 1721 cando o Real Consejo de Castilla legalizouna a través dunha Real Cédula.

“Quero dar as gracias unha vez máis á Asociación de Veciños Camiño de Galdo e aos establecementos e tabernas da parroquia polo seu traballo para manter viva a tradición da Feira das Maulas”, afirmou María Loureiro, quen describiu a cita non só como “un mercado, senón tamén un lugar de encontro e un acontecemento social”.