Skip to main content
Axenda Caducada

Baleira celebra unha festa de Entroido infantil

Por 17 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Baleira e a asociación cultural Camiño Primitivo de Baleira organizan unha gran festa de Entroido infantil o vindeiro martes 21 de febreiro.

A festa terá lugar no Polideportivo do CEIP do Cádavo e dará comezo ás 17.00 coa animación musical de Adolfo Valiño e da Asociación Cultural Toxo Queimado.

A tarde contará tamén con xogos de maxia a cargo do mago Nacho Samena e con colchonetas e xogos para os máis pequenos.

Haberá unha merenda para todos os asistentes con melindres típicos de entroido e un agasallo para todos os nenos que vaian disfrazados.

Ás 20.00 celebrarase o sorteo dunha cesta de Entroido valorada en 100 euros.