Baleira celebra unha festa de Entroido infantil

GaliciaXa
O Concello de Baleira celebra unha festa de Entroido infantil o vindeiro martes 21 de febreriro dende ás 17.00
Festa infantil baleira portada
Festa infantil baleira portada
17 Feb 2023

O Concello de Baleira e a asociación cultural Camiño Primitivo de Baleira organizan unha gran festa de Entroido infantil o vindeiro martes 21 de febreiro.

A festa terá lugar no Polideportivo do CEIP do Cádavo e dará comezo ás 17.00 coa animación musical de Adolfo Valiño e da Asociación Cultural Toxo Queimado.

A tarde contará tamén con xogos de maxia a cargo do mago Nacho Samena e con colchonetas e xogos para os máis pequenos.

Haberá unha merenda para todos os asistentes con melindres típicos de entroido e un agasallo para todos os nenos que vaian disfrazados.

Ás 20.00 celebrarase o sorteo dunha cesta de Entroido valorada en 100 euros.

Festa infantil baleira
0.19555020332336