Skip to main content
O Corgo

O Corgo acolle unha xornada técnica sobre a crianza do porco celta

Por 11 Febreiro, 2023Sin comentarios

A antiga escola de Gomeán acolle o vindeiro 25 de febreiro unha xornada técnica sobre a crianza sustentable do porco celta nas carballeiras e soutos galegos.

A xornada dará comezo ás 9.30 coa recepción dos asistentes e ás 10.00 dará comezo a primeira charla O Porcino do Tronco Celta a cargo de Iván Rodríguez da asociación de Criadores da Raza Porcina Celta.

Ás 10.30 será a quenda de Go Forescelta a cargo de Roberto Besteiro do Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo para continuar ás 11.00 cunha degustación de produtos de porco celta.

Entre ás 12.00 e as 15.30 haberá unha visita de campo con desprazamento de autobús a unha explotación intensiva de porco celta na Ribeira de Piquín.

As xornadas son gratuítas pero é necesario inscrición previa antes do 22 de febreiro a través do teléfono 630 849 002 ou no enderezo electrónico roberto.besteiro.doval@xunta.gal