O Concello da Fonsagrada organiza o vindeiro martes 21 de febreiro unha festa infantil de Entroido.
A celebración dará comezo ás 17.00 no comedor da Escola Fogar con unha sesión de pintacaras e globoflexia.
Ás 18.00 terá lugar unha chocolata con biscoito para os asistentes e ás 19.00 será o quenda da actuación de maxia do Mago Rafa.
