Skip to main content
Chantada

Por Chantada demanda que a Xunta dote de fondos os plans de mellora, incorporacións e á produción ecolóxica

Por 7 Febreiro, 2023Sin comentarios

Por Chantada demanda que a Xunta dota de fondos os planos de mellora, incorporacións e á produción ecolóxica. O grupo municipal chantadés rexistrou unha moción para a dotación de fondos por parte da Xunta aos plans de mellora, incorporacións e á produción ecolóxica na campaña 2022 e para o período 2023-2027 dentro da aliña de desenvolvemento da PAC. Esta acción súmase a outras anteriores, por exemplo na sesión ordinario do pleno de 24 de setembro de 2020 que se aprobaron por unanimidade a prol dunha PAC axeitada para o interior galego. O documento de 10 páxinas propuña liñas de acción para unha PAC axeitada aos intereses e ao territorio galegos no período 2023-2027.

“Así pois, e infelizmente, a Corporación de Chantada foi un dos escasos foros institucionais onde houbo algo de debate cando se estaba no período de negociacións, aínda que fose pola insistencia de Por Chantada, sobre esta cuestión de vital importancia para o sector primario e para o interior galego. A ausencia de debate social e de atención mediática e política sobre a PAC dá a medida da orfandade política do sector primario e do mundo rural”, din de o grupo.

“A PAC contén o Pacto Verde cuxo alvo é atinxir 25% da SAU dos 27 estados membros da UE de produción ecolóxica en 2030 e traduciuse en 2022 na liña de axudas da Consellaría de Medio Rural que, ao ser de concorrencia competitiva e estabelecer unha priorización de 2 pontos para as exploracións de montaña e de 1 ponto para as situadas en Rede Natura, deixou fóra, de por si, a meirande parte das pequenas granxas de leite e de pequenos produtores de horta e de carte de vacún, mais tamén a producións de ovino e cabrún en ecolóxico”, engadiron os chantadeses.

“É dunha manifesta e incomprensíbel irresponsabilidade deixar fóra desde a Xunta ao 43% das hectares solicitantes, nomeadamente cando desde maio tiñan os dados na Consellaría e había fundos do PDR. A falta de planificación crónica no agro galego e a intensidade das axudas através da PAC e de fundos nacionais para a agricultora ecolóxica noutros estados da UE (Alemaña, Dinamarca, Austria, Franza…) sitúa nun beco sen saída a agricultura ecolóxica galega se se exclúe destas axudas”, din.

Afondando no exposto, “a perda das axudas á produción ecolóxica asóciase a risco de feche de exploracións, nomeadamente naquelas con solicitantes de nova incorporación polo castiga aínda máis a aquelas iniciativas da mocidade e, daquela, con futuro no territorio. Estas persoas cómpre saber que renunicaron ás axudas agroambientais que viñan cobrando en convencional por seren incompatíbeis coa ecolóxcio, aumentaron o gasto en asesoramento entre 1.200 e 1.400 euros, cotas de inscrición no CRAEGA (450 euros en media), corrección de incidencias na transición e adaotacións (milleiros de euros), maior custe nos insumos (só no penso 15 céntimos en quilo), perda de ingresos inicial polo descenso da produción… En síntese, é deixar desamparado e co cu ao ar as iniciativas máis valentes e de futuro por unha desastrosa previsión”.

Ao tempo, Por Chantada e IGV subliñan que “en Galicia a produción ecolóxica anda aínda arredor de 5%, moi afastada do 25% que marca o horizonte de 2030 da PAC. Este obxectivo é de importancia estratéxica para preservar a biodiversidade, reducir o exceso de fertilizantes (cada vez máis caros ao seren importados) e fitosanitarios e, en definitiva, para a seguranza e soberanía alimentares”.

O anteriormente exposto atinxe tamén a granxas e iniciativas da comarca de Chantada, “xa que, aínda non habendo facendas afectadas directamente ao sermos alta montaña si que houbo denegacións por outras razóns e pode afectarnos no período da nova PAC, xa que segundo o CRAEGA temos 2 facendas de leite en ecolóxico nas parroquias de Esmoriz e Vilaúxe, así como apicultura e outras iniciativas susceptíbeis de verse afectadas. Na comarca, Taboada conta con outras facendas de leite en ecolóxico. Así as cousas, a provincia de Lugo é a que máis se xoga”.

Do mesmo xeito, “cómpre incidir en que coa nova PAC 2023-2027 todo isto muda e a Consellaría está negociando as axudas do período. O CRAEGA, organismo oficial da Xunta calcula 9.5 millóns de euros para dar resposta a todas as solicitudes, mais Medio Rural só quere chegar até os 7.5 millóns baixando, por un lado, as primas por hectárea, o que colide co obxectivo de Bruxelas; e, por outro lado, pondo tope por hectária mediante a degresividade”, comentaron dende o grupo político.

Incorporacións e plans de mellora.

O día 3 de febreiro publicouse a resolución da convocatoria do 2022 de incorporacións, planos de mellora e pequenas explotacións. En primeiro lugar, resolveron cando xa estaba aberta a nova convocatoria do ano 2023, co cal moita xente non sabía se tiña que pedir outra vez ou non. En segundo termo, é inconcibíbel que queden fóra da axuda persoas que se queren incorporar á actividade agrícola ou gandeira e que cumpren os requisitos para ter esta axuda, nun país que perde SAU e explotacións e que ten unha falta de xente que produza alimentos moi preocupante: 6 de cada 10 persoas que teñen granxa nestes momentos, estarán xubiladas en 2030. Ao tempo, a Xunta e o marco lexislativo favorecen o acaparamento de terras por diferentes vías desde os fundos de investimento, ávidos de adquirir terras en todo o mundo.