Skip to main content
Chantada

O PSOE de Chantada critica a aprobación da RTP por parte do goberno local do municipio

Por 12 Febreiro, 2023Febreiro 14th, 2023Sin comentarios

O Partido Socialista de Chantada critica a aprobación da Relación de Postos de Traballo do concello sen unanimidade dos representantes dos traballadores.

Segundo os socialistas, esta situación “castiga ás mulleres que traballan no servizo de limpieza das instalacións municipais”.

Ademais, recordan que “durante tres anos, o alcalde non facilitou ningún avance á oposición sobre o proxecto da RTP neste concello a pesar de que o PSOE preguntou 6 veces”.

Así, explican que “decidiron contratar unha empresa para levala a cabo e presentáronala no pasado pleno do 26 de xaneiro sen ter acadado o apoio e consenso de todos/as os/as traballadores/as”.

Por esta razón, o grupo municipal socialista considera grave o trato que recibieron as traballadoras do servizo de limpeza, aparecían ao principio como persoal a consolidar na OPE e “ao final decidiron deixar fóra para privatizar o servizo”, argumentan.

“Repítese a triste historia do que vivimos co SAF, a privatización dun servizo e o abandono do concello a unhas mulleres que levan adiante un traballo especificamente feminizado”, conclúen.