Skip to main content
A Pobra do Brollón

Elixido Teddy López como candidato do PP á Alcaldía da Pobra do Brollón

Por 12 Febreiro, 2023Sin comentarios

O empresario Teddy López Pedredo foi dado a coñecer como candidato do Partido Popular á alcaldía de Pobra de Brollón nunha reunión do partido celebrada no restaurante Primeiro de Maio.

Ao acto asistiron representantes da dirección provincial popular, entre eles o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, e o coordinador xeral e portavoz provincial, José Manuel Balseiro; participaron tamén alcaldes e portavoces da comarca, así como senadores e deputados autonómicos.

O candidato sinalou que manterá un continuo proceso de escoita activa para coñecer os problemas e ás súas inquedanzas dos veciños e destacou que fomentará a participación, de maneira que o goberno municipal sexa o goberno de todos.

Indicou que, se chega á Alcaldía, fará que o Concello de Pobra de Brollón sexa “realmente transparente, e que os veciños teñan información actualizada e clara da xestión municipal”.

Para López Pedredo, dende o Concello hai que traballar no promoción e impulso “do sector forestal, como fonte de riqueza e vinculalo á creación de emprego” e resalta a importancia do sector primario, en canto se refire ás explotacións gandeiras, avícolas e cunícolas.

Por outro lado, Teddy López di que hai que avanzar na mellora dos servizos que presta o Concello, entre eles e de maneira especial, dos servizos sociais; neste último caso, apunta tamén a súa disposición a mellorar as condicións nas que desempeñan as súas funcións as traballadoras.