Skip to main content
Sarria

Sarria.gal é o novo dominio para a páxina web do Concello de Sarria

Por 10 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria vén de estrear unha nova páxina web co dominio sarria.gal.

Esta páxina web ten unha estética “máis moderna e atractiva”, como defenden desde o goberno local, “e con notables melloras na usabilidade e na experiencia de navegación para os usuarios”.

O novo sitio web, que outorga máis protagonismo á información de actualidade e aos eventos, conta cun menú principal de navegación con cinco apartados: Concello, Cidadanía, Sede Electrónica, Turismo -que enlaza coa web de turismo estreada o ano pasado, sarriaturismo.com- e Contacto.

Ademais, a web inclúe na páxina de inicio un apartado de Directorio Telefónico cos números de teléfono, as extensións e os correos electrónicos para contactar directamente con todos os departamentos e servizos municipais.

Nas vindeiras semanas seguirá incorporando novos contidos.