Skip to main content
Guitiriz

Nova ruta este domingo do programa Btteando por Guitiriz

Por 11 Febreiro, 2023Sin comentarios

BTTeiros Cova da Serpe e o Concello de Guitiriz poñen en marcha este domingo unha nova ruta do programa BTTeando por Guitiriz, na súa quinta, unha iniciativa que integra unha serie de rutas en bici abertas para todos os públicos e qe arrancou en decembro.

Desta volta recorreranse os sendeiros da Ruta da Pedra do Poeta Díaz Castro nos Vilares con saída do Campo da Festa do Buriz as 10:00  e chegada no mesmo lugar.

En todas as rutas do programa disporase dun itinerario alternativo para os nenos e nenas a partir dos sete anos que queiran participar, os cales deberán ir acompañados por unha persoa adulta.

Continuarán as rutas en marzo polas Canteiras de Miraz e en abril o Muíño de Baxoi. Rematarán en maio coa visita á Cova da Serpe.

É obrigatorio o uso de casco e levar unha peza de froita (aconsellable plátano) e auga. Pode haber algún cambio nas datas debido ao mal tempo ou algunha outra causa xustificada, casos nos que se avisaría coa maior antelación posible.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse no concello ou a través do Club Btteiros Cova da Serpe ata o venres antes de cada ruta.