Skip to main content
Meira

O Concello de Meira licita a explotación do restaurante O Muíño

Por 23 Febreiro, 2023Febreiro 24th, 2023Sin comentarios

O Concello de Meira vén de iniciar o proceso de licitación da explotación do bar restaurante O Muíño, situado no parque Profesor Río Barja, xa que a anterior concesionaria pechou as súas portas hai un mes tras un ano e medio de actividade.

Trátase dun local de 273,42 metros cadrados, de tipo patrimonial situado en solo urbano e dentro dun magnífico enclave natural.

Así, o local sae cunha base de licitación de 847 euros dado que a renda ascende a setecentos (700,00 €) euros mensuais máis IVE. O contrato está por un prazo de cinco anos e o prazo de licitación é ata o 9 de marzo no rexistro xeral do Concello em horario de mañá.