Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O Iescha proxecta este sábado en Vilalba ‘Santoalla’

Por 6 Febreiro, 2023Sin comentarios

O sábado 11 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), coa colaboración do Concello de Vilalba, proxecta o documental Santoalla, de Andrew Becker e Daniel Merher. Estará presente na proxección a produtora do documental, Cristina de la Torre, quen explicará detalles do mesmo.

Santoalla é un filme independiente realizado polos directores estadounidenses Andrew Becker  e Daniel Mehrer. Xunto a eles estivo Cristina de la Torre, xornalista e produtora galega,  formando un equipo pequeno e discreto, tal e como requería unha rodaxe que comezou  tratando unha desaparición e que rematou sendo a crónica dun crime resolto practicamente  ante as cámaras.

Foi rodado entre os anos 2013 e 2015 cun acceso directo ós protagonistas da historia e vivindo  dende dentro as circunstancias que levaron ó esclarecemento do coñecido como o caso do  holandés de Petín. Por iso, e aínda que contabamos con máis entrevistas para a  documentación, na montaxe final tan so aparecen as dúas familias enfrentadas, os Rodríguez  e os Verfordern.

O arquivo persoal de Martin e as súas aparicións en prensa, permiten amosar o deterioro  progresivo na súa relación cos veciños. Esta documentación no relato, así como a atmósfera  que retrata do rural galego, motivou que o fiscal solicitara o documental para incorporalo ó  xuízo polo crime de Santoalla.

SIPNOSE

Margo e Martin Verfordern deixaron Ámsterdam para buscar un paraíso onde vivir na  natureza e construir o seu futuro. Tras viaxar durante anos por Europa, chegan a Santoalla,  unha aldea aillada en Petín de Valdeorras e onde vive soa a familia dos Rodríguez. A parella  de holandeses deciden que alí estaría o seu fogar. A convivencia cos veciños, que comezara  ben, logo tornou conflitiva co monte comunal no epicentro das súas diferencias. No 2010

Martin desaparece e durante anos, Margo mantén viva a busca convencida de que seu home non marchara por vontade propia e que os seus veciños son responsables do destino de Martin. Un achádego casual traerá as respostas que buscaba.