Skip to main content
Vilalba

O PP de Vilalba pide explicacións sobre o corte do Camiño dos Fernandares

Por 12 Febreiro, 2023Sin comentarios

O PP de Vilalba considera urxente que o goberno local aclare quen é o responsable do vertido de entullo de obras no Camiño dos Fernandares na parroquia de Lanzós. O material depositado impide o paso por este camiño. A portavoz popular, Sandra Vázquez, esixe á alcaldesa que aclare quen é o responsable do vertido e que medidas ten previsto adoptar, para, por un lado, deixar aberta esta vía, e, por outro, para sancionar este vertido incontrolado de restos de obra.

Vázquez destaca que o vertido de restos de obra ten que efectuarse nos depósitos habilitados para tal fin. Neste caso, danse dous aspectos que son graves, en opinión dos populares: o vertido en si mesmo, en lugar non autorizado, e, a maiores, o corte dun camiño público.

Os populares queren saber tamén cando tivo coñecemento o Concello deste vertido de residuos de obra. Consideran que sería especialmente grave que os restos depositado no Camiño dos Fernandares procedesen dunha obra pública. Indican que este caso pode incorrer en responsabilidades legais con respecto a máis dunha administración.