Skip to main content
Foz

O Riosmar Fest será finalmente o 29 de abril

Por 26 Marzo, 2023Xuño 9th, 2023Sin comentarios

Despois de ter que ser aprazada a celebración do Riosmar Fest por mor do temporal, a comunidade de montes veciñais en man común Real, Rañadoiro e Agudo de Cangas de Foz, decidiu poñerlle nova data.

Esta cita finalmente será o 29 de abril no campo de fútbol de Cangas. Este evento será un Macro Disco Level que contará cos Djs Iampiti, Litainer e Conxuro. O recinto contará con servizo de barra e hamburguesería.

As entradas xa poden adquirirse a través da web a 5 euros máis gastos e tamén estarán dispoñibles o propio día do festival a 7 euros. Ademais, a organización porá a venda anticipada en locais de Cangas e noutros puntos da comarca.

Maite López Rego é a nova presidenta da comunidade de montes.