Acia Foz CCA sorteou os 1.500 euros en vales de compra da campaña do Día do Pai, que se desenvolveu do 4 ao 19 de marzo. O sorteo, que tivo lugar nas instalacións de Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas.
A premiada co vale de 500 euros foi Tamara Suárez Peláez, que fixo unha compra en Unique. E con 200 euros en vales de compra resultaron premiadas Julia Maseda Otero, que mercou en Decoraciones Pura; Elena Pérez López, en Clínica Maas Saúde; María Couto Amor, en Salai Campo; Pilar Campo Díaz, en Centro Óptico Elíseo, e Dulce María Joven Gómez, en Xoguetería Bahía.
Desde Acia FozC CA felicitan “ás gañadoras ás que animan a seguir apostando polo comercio de Foz” e agradecen tamén “a participación dos negocios locais nesta campaña do día do pai de 2023”.
