Skip to main content
Viveiro

Míriam Bermúdez encabezará a candidatura do BNG en Viveiro

Por 19 Marzo, 2023Sin comentarios

“Forza, enerxía e confianza é o que sinto polo apoio recibido” manifestou Míriam Bermúdez tras ser elixida por unanimidade para encabezar a lista do BNG de Viveiro nunha asemblea na que asegurou que “só se respiraba positivismo e seguridade”.

Míriam Bermúdez é veciña de Verxeles, en Xunqueira, e mestra de profesión. Na actualidade traballa no CEIP de Celeiro onde exerce como Directora do centro.

A candidata á alcaldía agradeceu o forte apoio recibido na asemblea asegurando que foi “o traballo realizado durante estes 4 anos o que fai que a xente confíe, pois demostra que temos proxecto, que estamos preparadas para gobernar.”

A asemblea do Bloque está convencida do gran avance que terá o BNG nas vindeiras eleccións, cunha muller á cabeza chea de vitalidade, gañas de traballar e o compromiso polo que sempre destacou Míriam Bermúdez que, cando se decide por algo, implícase totalmente. Puxeron en valor, o potencial da que até agora foi a única concelleira do BNG, quen demostrou ser unha muller solvente e cunha grande capacidade de xestión.

Míriam Bermúdez confirma que “en breve presentaremos a candidatura completa coa que concurriremos ás eleccións de maio; estamos ultimando detalles e organizando a gran colaboración coa que contamos. Apostamos por novas caras que lle darán un xiro á corporación municipal, hai que cambiar a situación actual e facer avanzar Viveiro cun modelo do século XXI.”