Skip to main content
A Fonsagrada

Rosa Rego será a candidata do BNG á Alcaldía na Fonsagrada

Por 26 Marzo, 2023Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego na Fonsagrada decidiu na súa asemblea local quen Rosa Rego será a persoa encargada de encabezar a candidatura da organización nas vindeiras eleccións municipais deste 28 de maio.

Natural da Fonsagrada e celadora no Sergas declara  “gradezo a confianza das compañeiras e compañeiros para asumir este reto de encabezar o proxecto do BNG, o que asumo con todo o respecto e ilusión para liderar o cambio en Fonsagrada”.

O candidata do BNG á alcaldía de Fonsagrada destacou ”é o momento de dar pasos adiante,de empuxar con emoción e ambición un proxecto que faga revivir con optimismo este concello”

De igual xeito, Rosa Rego salientou que aposta do BNG é “a única capaz de dar un xiro á política municipal, alí onde goberna o BNG, prodúcense avances na mellora da vida da súa veciñanza; temos que deixar atrás aqueles que dan todo por perdido e facer que A Fonsagrada conte cun proxecto que ilusione e centrado nas potencialidades propias”

Neste senso, a candidata nacionalista subliñou “a xente do sector agro-gandeiro,do turismo,da pequena industria,do comercio e as persoas autónomas son o eixo que nos move para desenvolver un proxecto,co afán absoluto de traballar para crear oportunidades aproveitando os recursos e capacidades que temos aquí”