Skip to main content
Lugo

O Vello Cárcere acolle esta tarde unha mesa redonda sobre a ZBE

Por 14 Marzo, 2023Sin comentarios

Lugo Monumental organiza unha mesa redonda hoxe 14 de marzo ás 20.30 no Vello Cárcere. A este acto acudirán Paula Alvarellos, representante do PSOE, Rubén Arroxo, Candidato á Alcaldía de Lugo polo BNG, Elena Candia, Candidata á Alcaldía de Lugo polo PP e Olga Louzao, Candidata á Alcaldía de Lugo por Cidadáns.

O tema central desta mesa será a Zona de Baixas Emisión presentada polo Goberno Local e as súas consecuencias para o tráfico no centro histórico.

Os catro partidos con representación municipal participarán nesta xornada que será un encontro público no salon de actos e teá un acceso libre e gratuíto ata completar aforo.