Skip to main content
Lugo

Cravos coma Toxos, a exposición que reúne artistas de Galicia e Portugal, inaugúrase mañá

Por 21 Marzo, 2023Sin comentarios

 O mércores 22 de marzo ás 19.30 terá lugar a inauguración da exposición Cravos coma Toxos no Pazo de San Marcos. 

Esta exposición reúne a obra de dez artistas galegos e portugueses a través da cal se da nome a un novo movemento que busca por de manifesto as conexións entre Galicia e Portugal. 

Dirixida por Sergio Marey acollerá as obras de Andy James, Antía Caldeiro, Carlota Caçador, Fernando Voyeur, Hermes, Hugo Sousa, Noemí Nuñez, Noemí Parguelas e Nuria López. 

Navegando entre as súas creacións poderemos atoparnos con tradición e cultura, con pasado, presente e futuro.

A exposición contará con obras que van dende o téxtil á foto, pasando pola pintura, a instalación, a cerámica e incluso a publicación esta exposición quere “amosar que está a pasar no Oeste da Península Iberica, e o que leva  pasando toda a vida, rexuntar dous pobos a través da arte e a cultura, e mostrar o que sempre os uniu” declara Sergio Marey.

Esta exposición estará dispoñible dende mañá 22 de marzo ata o vindeiro 22 de xuño na sala de exposicións do Pazo de San Marcos