Skip to main content
Lugo

Continúan os traballos de mellora en distintas rúas da cidade

Por 22 Marzo, 2023Sin comentarios

Continúan os traballos de mellora nas rúas de Lugo, segundo explicou Rubén Arroxo a Concellería de Infraestruturas realizou traballos nas zonas de Castelo de Arriba, no vial perpendicular á estrada da Fonsagrada, na Fervedoira, mellorando o acceso a 7 vivendas, e nos vindeiros días será o turno da  Cheda, na unión da N-VI coa rúa Río Azúmara e no primeiro treito desta.

A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptáronse os rexistros á nova cota da vía e renovouse a sinalización horizontal.

“Seguimos traballando para mellorar a unión da zona urbana co rural, facilitando que a veciñanza conte con camiños que garantan a accesibilidade”, explicou Arroxo, que engadiu “nestes anos realizamos este tipo de camiños en Albeiros e Castelo, e continuaremos a traballar na comunicación peonil segura e accesible en toda a cidade”.