Skip to main content
Lugo

Os Djs Manu Chady e DMirón impartirán un curso intensivo de Dj

Por 23 Marzo, 2023Sin comentarios

Continúan as as actividades de lecer alternativo destinadas á mocidade, levando a cabo un curso intensivo de DJ cos Djs Manu Chady e Mirón para lucenses a partir dos 14 anos.

Con estes cursos búscase dar resposta aos diferentes intereses dos lucenses e concretamente aos relacionados coa música.

A actividade ten unha duración de  24 horas prácticas e conta cun total de 12 prazas dispoñibles.

Os interesados deberán inscribirse antes do 10 de abril  ás 14.00h na web www.lugomasxti.org e serán admitidos por rigorosa orde de chegada.

A actividade levarase a cabo na Casa da Música todos os sábados e domingos – dende o 15 ao 30 de abril – en horario de tarde de 16.00h a 20.00h.