Skip to main content
Lugo

Besteiro será o novo delegado do Goberno en Galicia

Por 28 Marzo, 2023Sin comentarios

José Ramón Gómez Besteiro volve á primeira liña política como delegado do Gobierno para sustituir a José Miñones que pasa a ocupar o posto de ministro de Sanidade. Tras sete anos afastado do foco mediático Besteiro volve a política nun contexto  no que aínda non está confirmado quen sera o candidato á Presindencia da Xunta.

O pasado 21 de decembro o xulgado número dous de Lugo decretou o sobresemento provisional da causa sobre presuntas adxudicacións ilícitas realizas no ámbito do programa KM0 da Deputación de Lugo. Esta era a última causa xudicial que tiña pendente José Ramón Gómez Besteiro, que fora presidente da Deputación de Lugo e secretario xeral do PsdeG e que o apartaran da política cando se postulaba para a loita pola presidencia da Xunta de Galicia.

Besteiro anunciou a súa retirada das primarias do PSdeG, coa vista posta nas eleccións autonómicas, tras coñecerse no 2016 que a xuíza Pilar de Lara o citaba a declarar dentro do caso Pulpo como presunto autor de delitos de prevaricación, tráfico de influenzas e malversación de fondos públicos, entre outros, cando estaba á fronte da Deputación de Lugo. Esta causa sumábase a outra pendente, aberta tamén por de Lara, cando formaba parte da Concellería de Urbanismo do Concello de Lugo.

José Ramón Gómez Besteiro recibiu un gran apoio de todos os seus compañeiros de partido e incluso o actual secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, declarou que estaba disposto a dar un paso atrás si Besteiro quería presentase como candidato á Xunta e que apoiaría ao exlíder do partido “por xustiza e lealdade persoal” xa que o considera “un activo político enorme para o PSOE”.