Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón acolle este venres outra xornada de brindos guímaros

Por 1 Marzo, 2023Marzo 3rd, 2023Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón organiza un novo taller de brindos guímaros para este venres, 3 de marzo, ás 20.15 horas na Cantina de Julia, en Salcedo.

A formación, que estará aberta a todo o mundo de forma gratuíta, será impartida por Sara Marchena, Alba María, Nuria Penas e Lorena Medela.

Os obradoiros desenvólvense de xeito ameno e participativo co obxectivo de divulgar a arte do brindo entre un público o máis amplo e diverso posible.

Que é o brindo?

O brindo é un xénero de improvisación oral cantada, propio de terras da Pobra do Brollón así como doutras zonas da montaña lucense e mesmo do Bierzo.

Tradicionalmente asociábase a vodas e celebracións, e as súas estrofas improvisadas usábanse polo xeral para o eloxio ou a homenaxe.

Nos obradoiros búscase respectar a esencia e estrutura do brindo, aínda que ampliando e variando o seu ámbito de aplicación e uso.