Skip to main content
A Pobra do Brollón

As usuarias do Centro de Día da Pobra do Brollón celebraron o Día da Muller

Por 12 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

As persoas usuarias e persoal do Centro de Día da Pobra do Brollón celebraron o Día da Muller a través de actividades para reivindicar os dereitos das mulleres e avances que aínda quedan por diante.

Dende o Concello agasallóuselles a todas cunha bolsa con versos da poeta salcedá Noa Moreira.

Pola súa banda, o persoal do centro preparou varias actividades para marcar a data.

Entre todas e todos crearon un gran lazo violeta, formado por lazos e oitos que previamente recortaran e colorearan.

Despois, cada usuaria e usuario escribiu nas figuras nomes de mulleres que lles marcaron e que tiveron importancia nas súas vidas.

Pola tarde, tiveron un café coloquio guiado por Susana, a psicóloga do centro. Tomando un café con bica da Pobra, debateron e intercambiaron opinións sobre feminismo e igualdade, e reflexionaron arredor de textos de tres mulleres de referencia: Rosalía de Castro, Claro Campoamor e Simone de Beauvoir.

Segundo comentan as compañeiras do Centro, as actividades resultaron moi positivas e enriquecedoras, cunha alta implicación por parte de todxs. Celebramos este gran traballo a prol da igualdade