Skip to main content
A Pobra do Brollón

O Día da Poesía celebrarase na Pobra do Brollón coa participación de varios centros educativos

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

A Pobra do Brollón convida a todos os veciños a participar do Día da Poesía, que se celebra o martes 21 de marzo na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

Así, terá lugar o III Festival Escolar do Brindo no que alumnado da Pobra do Brollón, do Courel, Vila de Cruces e Compostela se xuntarán para facer unha mostra aberta ao público de brindos e doutras formas de improvisación oral de Galicia como son a regueifa, os atranques ou as bombas.

Ademais do CEIP A Pobra do Brollón, participan o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), o CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel), a Escola Semente Compostela, Erre que Erre e Regueifesta.