Skip to main content
Taboada

Ana Vila, presidenta da Asociación Landra: “A muller rural ten que facerse valer”

Por 12 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

Falamos con Ana Vila Portomeñe, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Landra de Taboada.

Como xorde a Asociación de Mulleres Rurais Landra de Taboada?

Xorde porque antigamente había una asociación de mulleres que se chamaba Santa Lucía de Taboada, pero debido á pandemia e que as persoas que a conformaban xa tiñan bastante idade, quedou parada.

Co paso do tempo e vendo que non se facía nada, algunhas persoas da Asociación de Empresarios de Taboada dixéronme se quería formar parte da asociación e poñerme ao cargo da dirección e aceptei, xa que todo o que se faga nestes pobos pequenos, é bo para a xente.

Tivemos que facer todo de novo, porque os papeis estaban obsoletos, entón animamos a xente que quixera formar parte da directiva e, aproveitando que tiñámola que facer de novo, cambiamos o nome, que xorde do froito da árbore de referencia en Taboada, o Carballo, do que sae a landra, ou tamén coñecida como belota.

Agora, xa somos 100 persoas as socias desta asociación de mulleres rurais, integrando persoas de Chantada, Antas de Ulla, Lugo e incluso Barcelona.

Que obxectivos ten a asociación?

Nace coa idea de que facer un colectivo xeral de homes e mulleres da Ribeira Sacra, incluíndo a Ulloa, pero era complicado, entón fixemos a de mulleres, pero coa ilusión de que poidan colaborar homes como socios, non na directiva.

Estamos abertas a aceptar socios para aportar idease para dar visibilidade ás cousas que facemos as persoas de aquí, que hai moita xente na contorna que ten negocios e non se coñecen.

Ademais, queremos facer unión entre todos e todas, dar visilibilidade, auxdar a proxectos, escritores, artesáns, etc. e que os nenos e nenas vexan que se fan cousas no pobo e que se animen a facelas eles tamén.

Que importancia ten un colectivo femista en Taboada?

Eu penso que un colectivo feminino en Taboada axuda moito a nivel xeral porque nas aldeas os colectivos femininos poden representar, apoiar, respectar e valorar as mulleres dun pequeño lugar.

Hai pouca xente menos e é maior e poden aportar sabiduría, como as mulleres rurais que aprenden no medio rural. Podemos influír moitísimo nos demais o que sentimos e vemos no día a día.

A muller rural ten que facerse valer porque a muller ten moita valía; ten unha forza sobrehumana, e moitas veces non a demostramos, pero desde sempre non se fixo nada sen que houbese a man da muller por detrás. O agarimo e o sorriso da terra é a muller.

Como mulleres do rural e co apoio dos homes, podemos facer algo que pode ser moi bonito. Debemos camiñar todos da man a favor da igualdade e do respecto porque somos persoas.

Como foi a acollida por parte dos veciños?

Todos encantados. Venme pola rúa e propoñen que se faga algo, pero de momento estamos empezando.

Temos a cota de socios, podemos facer detalles, pero non queremos usar os cartos para cousas que non repercutan no pobo.

Non temos subvencións, pero a xente está encantada e gustoulles moito que fose eu a presidenta por formar parte do rural, pero collina porque non a quería ninguén, pero se alguén quere, eu estou disposta a deixar o posto, temos que colaborar todos.

Como asume o reto de presidir esta asociación?

Con moita calma, con cansancio porque teño que atender á gandería e teño familia que depende de min, é complexo ás veces cos medios de transporte, etc. Pero con gran responsabilidade, emoción e ledicia, porque traballas para a túa xente e o pobo e é maravilloso.

Se temos o apoio de moita xente e das institucións, sería unha satisfacción enorme.

Hai colaboración con outros colectivos e/ou institucións?

Apóianos a Asociación de Empresarios de Taboada, o Concello sempre estivo disposto para deixarnos os locais, e Fademur (A Federación de Mulleres Rurais).

Gustaríanos colaborar coas asociacions veciñais que hai para unirnos todas en eventos e iniciativas, e para facer actos nas aldeas con xente maior que non se pode desprazar.

Quen queira formar parte da asocacion é benvida, son 10 euros ao ano, os actos irán a parte e queremos que máis xente se una.

Que actividades ou iniciativas hai organizadas para este ano?

Temos algo para abril, se non hai novidade, para o sábado 22, en véspera do Día do Libro, queremos facer case todo o día por Taboada un evento tipo recital poético con música, exposición de artesanía, debuxo e pintura.

Tamén queremos organizar unha charla cunha oncóloga en xuño e unha viaxe no programa ‘Coñece a túa provincia’ para o 9 de maio.