Skip to main content
Comarca SARRIAXA

Trece centros educativos da comarca de Sarria participan nun acto polo Día da Poesía

Por 20 Marzo, 2023Marzo 21st, 2023Sin comentarios

A Biblioteca Fiz Vergara Vilariño e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Gregorio Fernández de Sarria organiza para este martes, 21 de marzo. unha actvidade para celebrar o Día da Poesía.

Así, convocaron a trece centros educativos e máis de 720 persoas a congregarse na Praza da Vila ás 12.00 horas que poderá traslardarse á Feculera se o esixise o tempo.

Os trece centros educativos que participan son aqueles que forman parte da comarca de Sarria, como a Escola Infatil Xela Arias, o CEIP Antonio Fernández López da parroquia do Oural, o CEIP Eduardo Cela de Triacastela, o CEIP Frei Luís de Granada, o CEIP do Páramo, o CEIP Ricardo Gasset do Incio, o CEIP de Samos, o CEIP San Miguel de Paradela, o CPR A Asunción, o CPR La Merced, o CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao de Láncara e o IES Xograr Afonso Gómez; ademais do alumnado do colexio organizador.

Nesta actividade, ademais, colabora o Concello de Sarria.