Skip to main content
Paradela

Tres das cinco empresas de Paradela comezarán a funcionar durante o mes de marzo

Por 5 Marzo, 2023Marzo 6th, 2023Sin comentarios

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato, anunciou que durante este mes de marzo poñeranse en funcionamento tres das cinco empresas que forman parte do viveiro de Paradela.

Este solo industrial quedou completo o pasado xaneiro despois de que se incorporase o último negocio, unha empresa de maquinaria agrícola, ao quinto local que estaba pendente de cubrir.

Os cinco locais contan con todos os servizos necesarios para levar a cabo a súa actividade económica e ocupan un espazo coas seguintes superficies: 172.38 m2, 373.65 m2, 353.12 m2, 353.12 m2 e 344.91 m2.

A Xunta de Galicia colaborou neste proxecto financiando o viveiro en aproximadamente 300.000 euros, nunha obra de máis de 500.000 e cuxa titularidade correspóndelle á Deputación de Lugo.