Skip to main content
Begonte

Organizan en Begonte un obradoiro sobre Muller e Saúde

Por 4 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte organiza un obradoiro de Muller e Saúde enmarcado dentro da programación de actividades do Día da Muller. Este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro será impartido por persoal da Escola Galega de Saúde e terá lugar na casa da cultura de Begonte.

O día escollido para a celebración é o 8 de marzo en horario de 16.30 a 20.30.

Os obxectivos do obradoiro pasan por mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino.

Na programación falarse de menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio.

A formación estará ao cargo de Cristina Ouro Nuñez, matrona do Complexo Hospitalario de Lugo.

O prazo de inscrición está aberto e esta pode facerse no propio concello, nos teléfonos 982 396 143 ou 619 455 026 (whatsapp) ou no correo deportes@concellodebegonte.es.