Skip to main content
Begonte

Begonte acolle unha nova sesión sobre compostaxe doméstica

Por 27 Marzo, 2023Sin comentarios

O pasado 9 de febreiro 2023 organizouse na casa da cultura de Begonte unha xornada formativa sobre compostaxe  relacionada ca Campaña de compostaxe doméstica do Concello de Begonte en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Coa intención de organizar outra xornada formativa o venres día 31 de marzo, ás 12.00 horas, na casa da cultura de Begonte, entregaranse a todos os interesados inscritos na xornada (empadroados en Begonte), composteiros. Ábrese un novo periodo de inscricións para acudir a xornada formativa ata o 29 de marzo.

Os interesados poden anotarse nas oficinas municipais, ou chamando o teléfono do Concello 982 396 143, repartiranse composteiros ata fin de existencias.