Skip to main content
Guitiriz

Convocada para o día 15 unha nova edición da carreira popular Guitiriz Termal

Por 30 Marzo, 2023Sin comentarios

A xa tradicional proba deportiva Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal regresa un ano máis á localidade guitiricense. O evento, que chegará este sábado 15 de abril á súa XIII edición, xa abriu o seu proceso de inscricións tanto para a carreira popular como para a andaina.

Os interesados en participar tanto na modalidade de carreira como na andaina poden apuntarse na páxina Champion Chip Norte. Concretamente, nesta ligazón

En función dos grupos de idade, a carreira desenvolverase en diferentes modalidades e distancias. Os menores de 7 anos percorrerán unha distancia de 200 metros; os sub-12, 800; os que non superen os 16 anos, 1,56 quilómetros e para a categoría absoluta, 5.000 metros. A andaina tamén para adultos como para menores ten unha extensión prevista de 9.000 metros.

Nos vindeiros días presentarase oficialmente o evento no Concello de Guitiriz.