Skip to main content
Vilalba

Lanzós celebra as súas festas polo San Xosé

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

A localidade vilalbesa de Lanzós celebrará a fin de semana do 18 e 19 de marzo as festas na honra a San Xosé.

Estas darán comezo o sábado ás 13.00 horas coa misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo do grupo Fénix, que tamén se ocupará da verbena xunto a Marbella.

O domingo repetirase o programa matinal con misa e procesión e as festas chegarán ao seu final coa sesión vermú a cargo do dúo Eclipse.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.