Skip to main content
Vilalba

O FIV presenta as actividades complementarias do festival

Por 12 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

O FIV ofrecerá diferentes actividades culturais paralelas durante a fin de semana. A casa da cultura acollerá tres propostas na que a música será o eixo central.

Así, o venres 28 de abril realizarase a gravación do podcast Café Derby 21 con artistas invitados. Trátase dunha actividades con prazas limitadas. Realizarase proximamente un sorteo en redes para elixir os gañadores que poderán vivir o programa en directo.

O sábado 29 de abril, tamén na casa da cultura  haberá un coloquio sobre a evolución dos medios musicais. Será unha conversación entre profesionais do sector sobre a evolución do xornalismo musical nos últimos tempos e, en especial, desde a pandemia, e como as novas canles de difusión transformaron a comunicación. As prazas son limitadas e o formulario de inscrición estará dispoñible a partir do 20 de marzo.

Finalmente, o domingo 30 de abril farase a presentación do libro infantil Isto é rock! de Javier Becerra. Tamén contará con prazas limitadas e o formulario de inscrición estará dispoñible a partir do 20 de marzo.

Ademais, durante toda a fin de semana haberá un concurso de Reels no que se pode gañar un abono dobre para o FIV 2024. Os requisitos para participar son ser maior de idade, ter conta en IG, realizar un vídeo en formato Reels dunha duración entre 15″ e 30″ no que apareza polo menos un dos elementos representados no skyline do cartel deste ano, e etiquetar a @fivdevilalba e @vilalba.concello co hashtag #vilalbaémoitomáis.

O período de participación estará aberto desde o 28 de abril de 2023 ás 00:00 horas ao 30 de abril de 2023 ás 23:59 horas.

A Campaña do comercio e hostalería local Eu son FIV volve nesta edición para visibilizar e fomentar o consumo nos establecementos de Vilalba ao longo de toda a fin de semana do festival.