Skip to main content
Vilalba

Gran éxito da charla celebrada en Goiriz sobre cardioloxía

Por 31 Marzo, 2023Sin comentarios

Un total de 60 persoas asistiron en Goiriz a unha charla-coloquio co cardiólogo Plácido Orosa, organizada pola asociación de veciños desta parroquia vilalbesa.

Na sesión este especialista en Cardioloxía, unha figura coñecida pola veciñanza, falou sobre insuficiencia cardíaca, hipertensión arterial, colesterol, infarto, anxina de peito e trastornos do ritmo cardíaco, ademais de respostar todas as preguntas que se lle plantexaron.

Que pode facer un mesmo para coidarse e a vida sana, centraron unha exposición, que mantivo atentos aos asistentes, en especial, porque atendeu todas as preguntas con respostas directas.

Plácido Orosa é xefe de cardioloxía en Valencia, onde leva vivindo durante os últimos 30 anos, aínda que manteñe unha fonda relación coa súa terra. De feito, este ano animouse a viaxar unha vez ao mes dende Gandía, onde reside, para atender directamente ao vilalbeses dende a clínica San Ramón.

Fillo de médico e sobriño de médico, non parecía que o seu interese profesional pudiera ser doutro xeito. A súa reputación lle precede, pero moito máis o seu agarimo polos veciños de Vilalba, cos que volveu contactar de forma moito máis intensa desde que comezou a súa colaboración coa clínica San Ramón.

“Hai que coidar os factores de risco, como a tensión, o colesterol… e facer deporte. E é moi importante que se vexan de cando en vez, que se fagan un electro ou unha eco, sobre todo se hai antecedentes, porque o problema do corazón é que non avisa. Os mozos que fan deporte terían que facerse sempre un recoñecemento elemental para reducir o risco de mortes súbitas como as que vemos de cando en vez”, insistiu o doutor.