Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXAViveiro

A Confraría de pescadores de Celeiro celebrará entre xuño e setembro varios cursos dirixidos ao sector

Por 23 Abril, 2023Sin comentarios

A Confraría de pescadores de Celeiro ten previsto celebrar entre xuño e setembro varios cursos de especialidade dirixidos ao sector pesqueiro.

En principio serán catro cursos de especialidade que en función da demanda poderían ser máis. A oferta formativa da confraría celeirense comprende os cursos completos e de actualización de: mariñeiro pescador, formación básica en seguridade marítima (con actualización); curso avanzado de loita contra incendios (actualización); e curso de botes de rescate non rápido (actualización).

As persoas interesadas en participar nas accións formativas deben rexistrar a súa solicitude na confraría celeirense, a partir do día 1 de maio 2023.A actividade formativa correrá a cargo da firma especializada FA Formación Alfer (info@formaciónalfer.com), que desprazará as súas unidades móbiles a Celeiro para impartir o ensino.

A formación que ofrece a entidade celeirense aos seus asociados, e ao público en xeral, son certificados de especialidade habilitantes legais e de suficiencia en materia pesqueira, e emítense para acreditar a experiencia profesional dos pescadores tal e como esixe a normativa.

Estes certificados habilitantes para a mariñeiría e os mandos titulados, serven para mellorar non só a seguridade, e profesionalidade, senón tamén o control e regulación da pesca. Estes certificados son cursos STCW (Convenio Internacional sobre normas de Formación, Titulación e Garda para a Xente de Mar), imprescindibles para navegar que cada certo tempo precísase renovar para estar ao día (caducidade de 5 anos).

A Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro e este ano estará de celebración ao cumprir o seu centenario sendo a confraría máis antiga da provincia lucense.

Mariñeiro pescador

Un curso aberto ao público en xeral é o de mariñeiro pescador que constitúe unha ocasión única para que todas aquelas persoas que teñan pensado enfocar a súa vida laboral cara ao sector pesqueiro fórmense para ter acceso á profesión. A día de hoxe a profesión de pescador supón un campo atractivo a nivel socio-laboral por iso todas aquelas persoas interesadas deben rexistrar a súa solicitude canto antes na entidade pesqueira. As prazas son limitadas, de momento non hai datas establecidas para esta formación que se realizará en función de se hai demanda suficiente (aberto ao público en xeral).

Este curso é de 25 horas e é imprescindible para traballar no sector marítimo-pesqueiro, a inscrición está aberta ao público en xeral. A materia do curso forma e habilita en conceptos básicos do coñecemento dos buques, frota, operacións, manobras, faenas extractivas de pesca, capturas, manipulación da pesca…, mantemento e conservación, medidas de prevención e control, e loita contra a contaminación e o medio mariño.

Formación básica en seguridade marítima

O certificado de Formación Básica, capacita aos alumnos para saber recoñecer e actuar en situacións de emerxencia a bordo e dar resposta aplicando de forma instantánea os procedementos e actuacións necesarias co obxectivo de reducir ao mínimo os posibles perigos en materias de loita contra incendios, etc. Aquelas persoas que precisen renovar este curso tamén teñen a oportunidade de reciclarse a través dun curso de actualización cunha duración de 45 horas de teoría e 16 horas de contido práctico no caso das actualizacións.

Para o mes de xuño-2023 está previsto o curso de actualización básica os días 26 e 27, e outro de actualización de formación básica para os días 25 e 26 de setembro. En xullo serán o Curso completo de formación básica do 10 e o 24.

Curso avanzado de loita contra incendios (actualización)

Outro certificado de especialidade que está previsto celebrar é o curso Avanzado de loita contra incendios Aquí neste curso fórmase ao alumno en competencias tales como controlar as operacións de loita contra incendios a bordo, capacitar cuadrillas e organizalas, inspección de sistemas, equipos de detección e extinción de incendios, resolución de incidentes….

As datas previstas para esta formación son as seguintes: curso de actualización contra incendios o día 28 de xuño, e o 27 de setembro-23.

Curso de botes de rescate non rápido (actualización).

Outro curso que está previsto celebrar, a condición de que exista quorun suficiente, é o de Botes de Rescate Non rápido un curso moi demandado entre os mandos titulados de ponte e máquinas aos que se lles require estar en posesión do Certificado de Especialidade de Botes de Rescate Non Rápidos e Embarcacións de Supervivencia aos Capitáns e Oficiais de Puente e de Máquinas de buques mercantes, como aos Mariñeiro ou outros tripulantes de buques mercantes que teñan asignadas funcións no manexo de embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos.

A duración do curso é de 24 horas, das cales, 12 horas son de contido teórico e 12 horas de contido práctico. Estes certificados teñen unha validez de 5 anos. O curso completo de botes de rescate non rapidos está previsto celebralo no mes de xullo, os días 6,7 e 8 de xullo-23. En canto aos cursos de actualización e reciclaxe hai previstos dúas (2) en xuño os días 29 e 30 e en setembro 28 e 29.

Cursos sanitarios

En materia sanitaria a entidade pesqueira tamén ofrece formación, neste caso desenvolverase toda durante o mes de agosto: os días 3 e 4 está prevista a actualización sanitaria inicial; a actualización sanitaria avanzada será os días 21, 22 e 23, e o curso completo de sanitaria inicial celebrarase os días 8,9,10 e 11.

Todas aquelas persoas interesadas en realizar algún destes cursos de formación deberán dirixirse á Confraría de Celeiro, -preferible presencialmente-, e formalizar solicitude de inscrición cos datos requiridos; pódese contactar telefonicamente a través do número 982 561 044. Tamén se pode contactar directamente con” FA Formación Alfer” (www.formacionalfer.com), no número 986 84 4 12, ou ben solicitando información no seguinte mail: info@formacionalfer.com. A celebración dos cursos está suxeita a que exista demanda suficiente para realizalos, e sen dúbida constitúe unha oportunidade única para os profesionais do sector que poden poñer ao día as súas certificacións habilitantes.